Dependencia - Servicios e prestación da Xunta

O catálogo de servizos inclúe:
Teleasistencia e Xeolocalización
Facilitan a atención persoal inmediata no ámbito habitual da persoa usuaria para responder ante situacións de emerxencia, inseguridade, soidade ou illamento, mediante o uso das seguintes tecnoloxías:
- Un dispositivo instalado no domicilio e conectado á liña telefónica no caso da teleasistencia.
- Un dispositivo que proporciona información sobre situación e movementos da persoa usuaria (GPS) no caso da xeolocalización.
Axuda no fogar.
Actuacións levadas a cabo no contorno das persoas relacionadas coa atención de carácter persoal, que permitan á persoa usuaria a realización das actividades básicas da vida diaria, así como atencións de carácter doméstico e do fogar coa finalidade de incrementar a súa autonomía persoal e calidade de vida, posibilitando a permanencia no seu domicilio.
Servizo de atención diurna.
Atención integral nun centro durante o período diúrno ás persoas en situación de dependencia co obxectivo de mellorar ou manter o nivel de autonomía persoal, así como apoiar as súas familias ou persoas coidadoras.
Servizo de atención nocturna.
Atención integral nun centro durante o período nocturno para dar resposta ás necesidades das persoas en situación de dependencia, así como apoiar as súas familias ou persoas coidadoras.
Servizo de atención residencial:
Atención integral e continuada durante as 24 horas do día e nun centro residencial, de carácter personalizado, tendo en conta a natureza da situación de dependencia de cada persoa e a intensidade de coidados que precise.
Poderá ter carácter permanente cando o centro sexa a residencia habitual da persoa ou temporal cando se atendan estadías temporais, vacacións, fins de semana, enfermidades ou períodos de respiro familiar dos coidadores non profesionais.
Prestacións económicas. As prestacións económicas denominadas libranzas son:
  • Libranza para coidados no entorno familiar. Prestación económica de carácter excepcional destinada ás persoas en situación de dependencia, que son atendidas no seu domicilio por un coidador non profesional do seu contorno. A determinación da contía para cada persoa efectuarase en función do grao recoñecido e da capacidade económica de acordo coa contía do IPREM que se fixa anualmente, polo que se poderá percibir integramente, se a capacidade económica é igual ou menor que 1 IPREM, ou reducirase proporcionalmente se é superior. A contía dependerá, así mesmo, da dedicación horaria dos coidados. As contías máximas da libranza de coidados no contorno familiar aprobaranse anualmente mediante unha Orde e podense consultar no apartado "contías das prestacións económicas".
http://benestar.xunta.es/web/portal/dependencia
 
  • Libranza de asistente persoal.
    Prestación económica destinada a facilitar a contratación, pola persoa en situación de dependencia, dun asistente persoal profesional que lle preste apoio para o acceso á educación, ao traballo e a unha vida máis autónoma. A determinación da contía para cada persoa efectuarase en función do grao e nivel recoñecido e da capacidade económica de acordo coa contía do IPREM que se fixa anualmente, polo que se poderá percibir integramente, se a capacidade económica é ata 2,5 veces o IPREM, ou reducirase proporcionalmente se é superior. A contía dependerá, así mesmo, da dedicación horaria dos coidados e nunca poderá ser superior ao prezo que se xustifique como aboado polo servizo recibido. As contías máximas da libranza de Asistencia Persoal aprobaranse anualmente mediante unha Orde e poderanse consultar no apartado "contías das prestacións económicas".
 
  • Libranza para a adquisición dun servizo.
    Prestación económica destinada a facilitar o pagamento dun servizo dos anteriormente mencionados, cando non sexa posible prestalo mediante a rede pública da Comunidade Autónoma de Galicia. A determinación da contía para cada persoa efectuarase en función do grao e nivel recoñecido e da capacidade económica de acordo coa contía do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) que se fixa anualmente, polo que se poderá percibir integramente, se a capacidade económica é igual ou menor que 1 IPREM, ou reducirase proporcionalmente se é superior. A contía dependerá, así mesmo, da dedicación horaria dos coidados e nunca poderá ser superior ao prezo que se xustifique como subscritor polo servizo recibido. As contías máximas da libranza vinculada ao servizo aprobaranse anualmente mediante unha Orde e poden consultarse no "contías das prestacións económicas".
 
  • Outros servizos e recursos para a atención da dependencia. En Galicia o catálogo de servizos contempla ademais:
Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal. Servizo de axuda ao desprazamento programado e non urxente para achegar ás persoas con discapacidade e/ou dependentes a programas, centros ou servizos.

Cando sexa necesario, o correspondente programa individual de atención fará constar as dificultades de mobilidade da persoa en situación de dependencia e a imposibilidade da utilización dos medios de transporte habituais para os efectos da prestación dun servizo complementario de transporte adaptado para a asistencia ao centro. O servizo de transporte adaptado poderá ser prestado pola entidade prestadora do servizo principal, ou conforme o establecido e segundo os requisitos do Decreto 195/2007, do 13 de setembro, polo que se regula o servizo galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con disca¬pacidade ou en situación de dependencia.

o Dentro do ámbito do sistema de atención á dependencia a Consellería de Política Social puxo en marcha un programa de formación non formal e apoio aos coidadores no profesionais de persoas en situación de dependencia con dereito recoñecido "Xuntos nos Coidados". Neste momento xa está a disposición o manual básico de formación para as persoas coidadoras non profesionais, así como os módulos específicos dirixidos aoidadores non profesionais de persoas con enfermidade mental, de persoas con demencia e de persoas con efermidades crónicas dos que se pode dispoñer a través da seguinte dirección
http://benestar.xunta.es/web/portal/guias
o En colaboración coa Consellería de Sanidade a instrumentación dun apoio continuo de atención telefónico aos coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia a través do teléfono 902 400 116 que ten como obxectivo prestar:
o información e solucións ás situacións sanitarias non urxentes.
o información sobre coidados asistenciais.
o información sobre as características das probas médicas.
o información sobre prevención e hábitos saudables.
o información sobre centros e servizos sanitarios.
o apoio psicolóxico.
o Existen, ademais, axudas económicas destinadas a:
• Adquisición e reparación de axudas técnicas para a autonomía persoal e productos de apoio
• Eliminación de barreiras arquitectónicas e adaptación funcional.
• Estas axudas teñen carácter de subvención polo que anualmente se publica unha convocatoria á que teñen acceso aquelas persoas recoñecidas en situación de dependencia.

FADEMGA

Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento.
Os servizos que ofrece FADEMGA Plena inclusión Galicia a través das súas entidades son Servizo de atención temperá, Servizo de intermediación para a inserción socio-laboral, Servizo de apoio para o desenvolvemento profesional e social en centro especial de emprego, Servizo de apoio para o desenvolvemento profesional e social en empresa convencional e outras modalidades, Servizo de apoio a familias, Servizo ocupacional, Servizo de atención de día, Servizo de apoio á vida independente, Servizo de vivenda ou residenciais para persoas con necesidades de apoio intermitente ou limitado, Servizo de vivenda ou residenciais para persoas con necesidades de apoio extenso ou xeralizado, Servizo multiprofesional de diagnóstico, seguemento, avaliación, planificación e coordinación, Servizo de tutela e Servizo de ocio.
Por outra parte FADEMGA Plena inclusión Galicia ofrece unha serie de servizos ás súas entidades federadas a través das diferentes áreas que integran a Federación como son Administración, Calidade, Ocio, Comunicación, Emprego, Formación, e Familia.

COGAMI

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

CEAPAT

Centro Estatal de Autonomía Personal y Ayudas Técnicas

FAXPG

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia 

ASPRONAGA

Asociación de Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia. 

REDID

Red Española de Información y Documentación sobre Discapacidad.

Plena Inclusión

Plena Inclusión é o que anteriormente era FEAPS - Confederación Española de Organizacións en Favor das Persoas con Discapacidade

CNSE

Confederación Estatal de Personas Sordas 

ASPACE - Coruña

Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral 

Down Coruña

Asociación Síndrome de Down 

Autismo Galicia

Federación Autismo Galicia 

Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas

FEGEREC está compuesta por:
· Asociación Gallega contra la Fibrosis Quística
· Asociación Galega de Lupus
· Asociación Galega de Ataxias
· Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica
· Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple
· Asociación de Galicia de Afectados de Retinosis Pigmentaria
· Asociación Galega de Linfedema
· Delegación Gallega de la Asociación Nacional Amigos Arnold Chiari
· Delegación Gallega de la Asociación Española de la Enfermedad de Behçet
· Asociación West Galicia
· Asociación Gallega contra la Atrofia Muscular

ADACECO

Asociación de Dano Cerebral de A Coruña 

FEGADACE - Federación Galega de Dano Cerebral

Saúde Mental Galicia FEAFES

A misión de FEAFES Galicia consiste en mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias, defender os dereitos do colectivo e representar ao movemento asociativo FEAFES no territorio galego, brindando apoio e coordinación ás asociacións que o integran. 

APEM - Asociación Pro Enfermos Mentais

Integra a persoas con enfermidade mental, familiares e profesionaies da saúde mental que ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental.

FAGAL - Federación Alzeimer Galicia

ASAPADEX

ASPADEX ten coma obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. 

Servizos Sociais

Contacto

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Concelleira de Servizos Sociais: 
begona.tajes@camarinas.net
Axente de igualdade: 
igualdade@camarinas.net