Solicitude do Servizo de Axuda a Domicilio

Dependencia - Consellería de Política Social

As persoas dependentes teñen acceso ao catálogo de prestación de atención á dependencia de acordo co seu grao de dependencia. Os servizos son prioritarios fronte ás prestacións económicas. Servizos: 
- Programa de Axuda no Fogar.
- Acollemento familiar para a terceira idade 
- Estadías temporais en residencias públicas (respiro familiar)
- Apoio Social para familias con maiores dependentes (respiro familiar)
- Termalismo Social IMSERSO
- Turismo Social (termal e intercambio)
- Turismo Social para emigrantes residentes en América (Volver á terra/casa)
- Xuntos no Nadal
- Programa de vacacións para persoas maiores do IMSERSO
- Bono Social Electricidade
- Apoio a colectivos en risco de exclusión e transición á TDT.
- Abono Social de Telefónica
- Transporte Adaptado: 065 - Apoio á Mobilidade Persoal
- Teleasistencia-Telealarma

Programa de Termalismo do IMSERSO

Abono Social Telefónico

O abono social é unha bonificación no precio da liña de teléfono a pensionistas e xubilados que cumpran os requisitos. 

Apoio á Mobilidade Persoal - Transporte adaptado 065

O Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para ás persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia ten a consideración de servizo de transporte adaptado programado e non urxente para a prestación de servizos puntuais.
Este servizo de transporte adaptado e asistido, de carácter gratuíto, ten como finalidade:
a) Poñer a disposición das persoas con discapacidade e/ou dependentes que teñan dificultades de mobilidade os medios adecuados as súas necesidades, que lles faciliten dita mobilidade.
b) Favorecer o acceso, en condicións de igualdade efectiva, ás persoas con discapacidade e/ou ás persoas en situación de dependencia aos servizos e recursos que faciliten a promoción da súa autonomía persoal así como a súa participación no contorno habitual.

Teleasistencia

A Teleasistencia domiciliaria é un servizo de atención telefónica ininterrompida, cun equipamento de comunicacións e informática específicos.

Plans e Programas para Maiores - Xunta de Galicia

Programa de Turismo do IMSERSO

Requisitos, destinos, solicitudes...

Bono Social Electricidade

Destinado a consumidores que cumplan coas características sociales, de consumo e poder adquisitivo determinadas.

Programa de respiro familiar

Pretende contribuír a manter ás persoas en situación de dependencia ou discapacidade no seu domicilio e ofertarlle ao seu coidador habitual a posibilidade de dispoñer duns días para o seu descanso, manter a súa vida social, familiar e de ocio ou para solventar situacións de emerxencia que se lle presenten, mentres que a persoa á que coidan é atendida adecuadamente nun centro residencial.




Acollemento familiar de persoas maiores e persoas con discapacidade

É un programa que pretende facilita-la integración de persoas maiores e persoas con discapacidade no seo dunha familia que, ademais de proporcionarlle un ambiente e trato familiar, atenda as necesidades derivadas da súa avanzada idade e/ou dependencia.

Xuntos polo Nadal

Destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Servizos Sociais

Contacto

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Concelleira de Servizos Sociais: 
begona.tajes@camarinas.net
Axente de igualdade: 
igualdade@camarinas.net