RUA CAMPO DA AREA 78. 15121 CAMARINAS - CAMELLE - Camelle Email
626988643
CASA ANGEL DE AREA
Casa rural grande de pedra cun terreo de xardín moi amplio e cerrado para maior seguridade para as persoas que teñen fillos. Está localizado en Camelle (porto mariñeiro), localidade moi famosa polo Man (Alemán de Camelle), que deixou unha riqueza no pobo cas suas pinturas, figuras... Acollio o pobo e convertioo na sua vivenda, e formando como un museo que surxio de forma espontánea. Parte das suas obras podense ver no xardín-museo que está na misma localidade. Xusto enfrente da vivenda está a praia a 10m, a cal se pode ir camiñando. Alí mismo na baixada da vivenda encontrase un parque infantil e tamén, un centro médico para calquer tipo de imprevisto. Tamén se pode realizar unha ruta moi famosa chamada "Ruta do Litoral" que comeza en Camelle, pasando por Arou seguindo polo Ceminterio dos Ingleses, posteriormente pasas polo Cabo Vilán ata chegar a Camariñas. Unha ruta moi bonita donde se pode desfrutar dos atardeceres e das vistas que che dejan asombrado. Máximo 9 persoas. Consta de:
2 habitacions de matrimonio con baño e TV na pranta superior
2 habitacions de matrimonio
1 habitación individual
4 baños (dous deles son de duas habitacions de matrimonio)
1 salón-cociña (xusto o lado un baño) con lavavajillas
Lavadora
Vistas o mar
Aparcamento
Pola parte traseira hai un xardín moi grande cun cierre, ten piscina para o verán pegarse un chapuzón sen agobio; mesa, sombrillas, duas tumbonas e barbacoa, un horreo decorativo. E para secar a roupa un tendal.
SERVIZO DE RECEPCION:
Check in: 15:00 - 21:00
Check out: 12:00
PREZO ESTANCIA COMPLETA: consultar co propietario o prezo según a tempada ou o número de persoas.
ANIMALES DE COMPAÑÍA: consultar co propietario polo tamaño e siempre baixo fianza.