O Concello

Inicio O Concello

Novas

Rematan as obras de pavimentación das rúas do núcleo de Dor

  • Esta actuación, que contou orzamento de 30.000 euros, permitiu a seguridade viaria tanto para os peóns como para o tráfico rodado.

O proxecto cultural “Galicia Latente” presentarase en Camariñas o próximo martes

  • O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para recoller percepcións da cultura galega desde os ámbitos locais.
  • “Galicia Latente” é un proxecto de dinamización da cultura emerxente desenvolto por Eduardo de Martís.
  • A base desta iniciativa é unha publicación na que se recollen 223 fotografías de diferentes referencias ao longo de 146 concellos, entre as que se atopa o encaixe e a Mostra.

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas de Tasaraño

  • Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño.

AVISO --- O 23 DE ABRIL A CASA DE PEDRA PERMANECERÁ PECHADA

O 23 DE ABRIL A CASA DE PEDRA PERMANECERÁ PECHADA
 
con motivo da festividade de San Xurxo (festivo local). As persoas que teñan que renovar a tarxeta de demanda ou mellora de emprego ese día no PID poden facelo o luns 22 de abril ou o mércores 24 de abril
 
Para calquera consulta urxente relacionada coa demanda de emprego pódese contactar coa Oficina de emprego de Cee 881880480 que estará aberta ese día no seu horario habitual de 9:00 – 14:00h